Programa


Este curso de lingua galega é o derradeiro dun ciclo de varios semestres no que vai se perfeccionar en cuestións de gramática avanzada: sintaxe, coherencia e cohesión textual, marcadores discursivos, expresión oral e escrita con riqueza léxica e idiomática (vocabulario e expresións), dimensión metafórica e cognitiva da língua (plano simbólico) e novas formas e interpretar o galego aplicadas ás tecnoloxías e avances científicos (neoloxismos). Non se pode facer este curso sem unha base boa de galego e tampouco sen unha boa conexión e disponibilidade de micrófono. O profesor fornecerá as ferramentas virtuais para que a aprendizaxe poida se tornar autónoma e para que se empreguen os recursos para o estudo e a revisión dos contidos. Ao longo do curso será entregado moito material procedente de revistas e xornais culturais galegos. As aulas son participativas e convidan a intervir activamente.


Recursos didáticos
Gramáticas e manuais de estilo
———— 2003. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Real Academia Galega.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón. 2013. Estilística da lingua galega. Xerais.
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha; Moreda Leirado, Marisa. 2011. Gramática práctica da lingua galega.
Baía Edicións.
Livros de neoloxía
Gómez Clemente, X. M. 2003. Neoloxía e língua galega: teoría e práctica. Universidade de Vigo.
Ensaios sobre cultura
Barreiro Fernandez, Xosé Ramón. 2007. Os símbolos de Galicia. Consello Cultura Galega.
Costas, Xosé Henrique. 2015. 55 mentiras sobre a língua galega. Laiovento.
Mariño Paz, Ramón. 1998. Historia da lingua galega. Sotelo Blanco Edicións.